A Coruña, tapas e ambiente únicos...

Na Coruña ir de tapas é unha tradición: zonas de tapeo, centos de establecementos, cada un coa súa especialidade e cunha pincelada de gastronomía local. Tradición e vangarda, todo cabe no mundo dunha tapa.

As tapas coruñesas convídanos sempre a saborear os mellores produtos autóctonos xunto co exotismo das novas tendencias culinarias, do peixe á verdura pasando polas verduras e como non, acompañados dos viños, cervexa, auga ou augardentes que nos caracterizan.

O Concurso de Tapas Picadillo A Coruña 2010 ten como finalidade exaltar esa cultura do tapeo e achegarte á frescura e calidade da nos aterra, á creatividade e esmero dos nosos profesionais.

¡Imos de tapas pola Coruña!

As rutas

A mítica zona, cruce das rúas Franja, Barrera, Galera e Olmos. Establecementos con propostas singulares de tapas. O Tizón con pastel de pescada, O Fieital con carrilleira ibérica estofada con parmentier de grelos e vainilla, etc.

As novas propostas, máis modernas e creativas... Bistrot Ratatouille, Cúrcuma, Casa Ponte. A Cidade Vella para irnos de tapas rodeados de historia e beleza. Vinoteca Entrecopas, la Taberna del Arriero, Café Momos, etc.

Menú Sponsors

Saltar o menú sponsors

Facebook